Localizan unha inscrición romana dedicada ao deus Júpiter en Navia de Suarna

A palabra 'lovi' está gravada nunha pedra que Patrimonio dos Ancares descubriu na parroquia de Rao

La inscripción. EP
photo_camera A inscrición. EP

Patrimonio dos Ancares acaba de localizar en Navia de Suarna unha inscrición de orixe romana gravada en pedra coa palabra Iovi, polo deus Júpiter. O achado produciuse na Pena de Murias, na parroquia de Rao.

"Júpiter era a deidade principal do panteón romano que na mitoloxía era considerado como ou pai dos deuses", explica o presidente do colectivo, Xabier Moure, quen recalca que a localización desta "interesantísima inscrición" foi posible "grazas á información dun veciño que hai tempo nos falou da existencia dunhas penas con letras nese sitio".

Están nun grande afloramento de cuarcita situado a media ladeira da serra do Brañal, a 1.125 metros de altitude, que está asociado a unha explotación mineira da época romana que se levanta na marxe dereita do río de Murias.

Moure di que a singularidade da inscrición reside en que está "sobre unha pedra non traballada previamente, cando a maioría se gravaban en aras, que eran pedras consagradas a unha divindade".

Comentarios