Miércoles. 26.09.2018 |
El tiempo
Miércoles. 26.09.2018
El tiempo

Localizan o corpo sen vida dunha muller que desaparecera en Becerreá

A ponte de Cruzul. VITORIA RODRÍGUEZ (AEP)
A ponte de Cruzul. VITORIA RODRÍGUEZ (AEP)

A muller faltaba de casa desde a tarde deste sábado

Os efectivos do Grupo de Urxencias Supramunicipais (GES) de Becerreá acharon o corpo sen vida dunha muller de 73 anos que desaparecera no municipio durante a tarde do sábado e que se atopaba en paradoiro descoñecido.

Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, o corpo foi localizado no río, á altura da Ponte de Cruzul, nas últimas horas da tarde. Concretamente o GES de Becerrea especifica que a muller foi localizada preto da estrada pola que pasa a N-VIN. 

O 112 Galicia tivo constancia da desaparición a través da alerta dunha persoa particular ás 19:00 horas e, enseguida, desde o CIAE 112 Galicia pasouse o aviso ao GES de Becerreá e á Garda Civil.

A muller saíra a dar un paseo como adoitaba facer todos os días durante a tarde, segundo indicaron fontes do GES, pero polo momento descoñécense as causas do acontecido.

Localizan o corpo sen vida dunha muller que desaparecera en Becerreá