Un lobo 'merodea' por unha aldea da Fonsagrada

Unha veciña de Travesas, en Freixo, logrou fotografalo na noite do luns

Lobo
photo_camera Imaxe do lobo. EP

Un lobo foi fotografado na noite do luns por unha veciña de Travesas, núcleo fonsagradino próximo a Baleira, cando 'merodeaba' por esta aldea da parroquia de Freixo.

Esta muller conseguiu captar a imaxe do animal, que seguramente buscaba comida e acubillo nunha noite especialmente fría e na que as precipitacións de neve cubriron boa parte da Montaña lucense.

A imaxe, que foi obxecto de comentarios nas redes sociais, recolle o momento en que este carnívoro aproxímase a unha das casas habitadas deste núcleo, pertencente ao municipio da Fonsagrada pero moi próximo á Lastra (Baleira).  

Comentarios