Licitada a restauración das pallozas do Cebreiro por 180.000 euros

Están previstas actuacións nas catro que forman o coñecido conxunto etnográfico: a Palloza Museo, a Palloza do Quico e as de Campelo e Galán

Nieve en O Cebreiro este domingo. ELISEO TRIGO
photo_camera O Cebreiro, con neve. ELISEO TRIGO (EFE)

A Consellería de Cultura e Turismo licitou o contrato de reparación, restauración e conservación preventiva no conxunto etnográfico que forman as pallozas do Cebreiro, no municipio lucense de Pedrafita do Cebreiro, por importe de 180.000 euros.

O delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, visitou este venres as pallozas e explicou que están previstas no contrato actuacións de restauración nas catro que forman ese coñecido conxunto etnográfico: a Palloza Museo, a Palloza do Quico e as de Campelo e Galán.

Entre outras intervencións, contémplase a substitución da palla das cubertas, así como a reparación da estrutura de madeira do tellado da Palloza Museo. Asmismo, substituiranse ou se repararán lástralas dos accesos, mellorarase a instalación eléctrica e o sistema de iluminación e aplicaranse tratamentos para evitar ataques de insectos xilófagos ás estruturas de madeira.

As obras previstas teñen un prazo de execución de catro meses e as empresas teñen ata o 7 de xaneiro para presentar as súas ofertas. 

Comentarios