Investigados tres mozos en Becerreá por ameazas á súa vítima durante unha pelexa

A vítima foi atendida no Punto de Atención Continuada do Corgo
Generated by  IJG JPEG Library
photo_camera Punto de Atención Continuada do Corgo, onde foi atendida a vítima. ARQUIVO

A Garda Civil procedeu a investigar a tres mozos veciños de Becerreá por ameazas a unha persoa no transcurso dunha pelexa na que ameazaron á vítima, no seu domicilio, cunha arma branca.

Segundo informou o Instituto Armado, imputou  a tres cidadáns romaneses veciños deste municipio de 32, 25 e 23 anos de idade como presuntos autores dun delito de ameazas con arma branca e outro de lesións.

Os feitos comezaron nun establecemento hostaleiro de Becerreá cando a vítima se atopaba na terraza do local e produciuse unha discusión, por motivos que se descoñecen, puntualizou a Benemérita, tras o que se marcharon do lugar en primeira instancia os tres mozos.

Momentos máis tarde, cando a vítima se atopaba no seu domicilio, presentáronse no lugar os investigados, onde realizaron ameazas varias, e iniciouse unha pelexa entre o denunciante e os tres individuos.

A vítima, puntualizou a Benemérita, tivo que ser atendida no Punto de Atención Continuada do Corgo  por mor das lesións que presentaba. Mentres, as persoas investigadas foron postas a disposición xudicial.

Comentarios