Investigado por estafar 600 euros en Becerreá nunha suposta revisión do gas

O investigado cobroulle a outra persoa esa cantidade por un falso mantemento da instalación
Bombonas de butan. EP
photo_camera Bombonas de butan. EP

Un veciño de strong <>Becerreá foi imputado como investigado por un delito de estafa pola Garda Civil por realizar unha suposta revisión falsa da instalación do gas nunha vivenda.

Segundo informou a Garda Civil, supostamente estafoulle a unha terceira persoa 600 euros por esa revisión da instalación e o mantemento da mesma para garantir a seguridade na subministración de gas.

A persoa investigada, de 53 anos de idade, xa foi posta a disposición da autoridade xudicial

Comentarios