martes. 27.10.2020 |
El tiempo
martes. 27.10.2020
El tiempo

Investigada por un incendio forestal debido a un escape dunha queima nas Nogais

Un helicóptero durante os labores de extinción dun incendio. EP
Un helicóptero durante os labores de extinción dun incendio. EP
O lume rexistrouse o pasado 7 de xaneiro no lugar de San Xoán, na parroquia de Noceda

A Policía Autonómica, en colaboración con axentes forestais, esclareceron un incendio rexistrado nas Nogais debido a un escape de queima, polo que lle tomaron declaración como investigada a unha muller. 

Segundo informou a Xunta nun comunicado de prensa, efectivos da Policía Autonómica da Xefatura de Lugo, en colaboración con axentes forestais do Distrito VII A Fonsagrada-Os Ancares, procederon a tomar declaración como investigada a unha muller, como presunta autora dun incendio forestal rexistrado o pasado 7 de xaneiro no lugar de San Xoán, na parroquia de Noceda. 

Neste caso, explicaron as mesmas fontes, o incendio debeuse ao escape dunha queima que a investigada realizaba "sen as oportunas precaucións", concretou a Xunta. Por estes feitos foron instruídas dilixencias, remitidas ao Xulgado de Primeira Instancia de Becerreá. 

Na campaña actual contra os incendios forestais de 2020 foron detidas ou investigadas pola Policía Autonómica dúas persoas como presuntas autoras de incendios forestais. 

Investigada por un incendio forestal debido a un escape dunha...
comentarios