Iniciado o expediente para a declaración BIC da Cova dos Mouros de Baleira

Na gruta hai mostras de arte rupestre que se queren protexer con esa figura, que se fará extensiva a outros catro xacementos da comunidade
Uno de los dibujos de la Cova dos Mouros. EP
photo_camera Uno de los dibujos de la Cova dos Mouros. EP

O expediente para a declaración como Ben de Interese Cultural (BIC) da Cova dos Mouros de Baleira, onde hai mostras de arte rupestre datadas entre o 3.800 e o 2.500 antes de Cristo, xa se iniciou. Así o anunciou o martes a arqueóloga e investigadora da Universidade de Vigo Beatriz Comendador, no marco da xornada organizada polo Consello da Cultura Galega ‘Paisaxes tatuadas: a arte esquemática pintada non noroeste peninsular á luz dúas novos achados'.

Esta declaración BIC farase extensiva a outras mostras de arte rupestre esquemática de Galicia, como as de Penedo Gordo (Vilardevós), Casaio (Valdeorras), Ceadá das Laxes das Chas (Monterrei) e Castelo de Lorbazán (Oímbra), analizadas por primeira vez de xeito integrado neste encontro monográfico no que, tanto Comendador como Lara Bacelar, da Universidade de Coimbra, presentaron os resultados de dez anos de investigación á que se sumaron diferentes grupos das universidades nas que traballan e das de Santiago, Minho, Lisboa e o Incipit-CSIC.

Na opinión de Comendador, este trámite administrativo será necesario para darlles seguridade, xa que a lei establece que «son bens de interese cultural as covas, abrigos e lugares ao ar libre que conteñan manifestacións de arte rupestre».

Comentarios