Extinguido na Fonsagrada un incendio tras calcinar 65 hectáreas

O lume, declarado na noite do mércores na parroquia de Pacios, afectou a unha zona próxima ao núcleo de Brañas
Área afectada en el incendio de A Fonsagrada, este jueves. EP
photo_camera Área afectada no incendio da Fonsagrada, este xoves. EP

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado na Fonsagradana parroquia de Pacios, quedou extinguido pasadas as tres e media da tarde deste xoves, logo de arrasar, unhas 65 hectáreas, 50 de monte raso e 25 de arboledo.

O lume comezou ás 22:32 horas da pasada noite. Nos traballos de extinción participaron un técnico, tres axentes forestais, trece brigadas, oito motobombas e un tractor

Neste momento, están prohibidas as queimas forestais e agrícolas de particulares precisamente a causa do risco de incendios. De feito, a Consellería do Medio Rural suspendeu os permisos concedidos e non outorgará máis ata novo aviso.

Esta semana incorporáronse, para prestar servizo durante os próximos sete meses, un milleiro de traballadores ao servizo de Defensa Contra Incendios. Agora mesmo, o dispositivo despregado pola Xunta nos montes galegos chega aos 3.000 efectivos

Comentarios