domingo. 18.08.2019 |
El tiempo
domingo. 18.08.2019
El tiempo

Un incendio calcina por completo unha casa en Negueira de Muñíz

Un camión de bombeiros. AEP
Un camión de bombeiros. AEP

Non hai que lamentar feridos 

Un incendio declarado nunha casa en Negueira de Muñíz mobilizou os servizos de urxencia a tarde-noite deste martes. Segundo os datos facilitados polo 112 Galicia, o lume, que se orixinou nunha estufa, deixou calcinada a vivenda por completo. A pesar diso, os efectivos que traballaron arreo na extinción do incendio e lograron que unha casa lindeira non se vise afectada as chamas.

Os feitos sucederon no lugar de Pena da Nogueira, sobre as 19:00 horas, aínda que o lume non quedou totalmente sufocado ata as 00:15 horas deste mércores.

Ata o punto desprazáronse, tras ser alertados polo 112 Galicia, os Bombeiros de Barreiros, os axentes da Garda Civil e os voluntarios de Protección Civil de Negueira, ademais dos servizos de urxencia de Asturias. Tamén foron informados o incendio os Bombeiros de San Cibrao, os Bombeiros de Sarria e o GES do Pereiro, da Pontenova e de Becerreá.

Segundo puido saber o 112 Galicia, o lume quedou sufocado ao redor das 00:15 horas.

Un incendio calcina por completo unha casa en Negueira de Muñíz