viernes. 25.09.2020 |
El tiempo
viernes. 25.09.2020
El tiempo

Gumersindo Rego: "É importante verse acollido na comunidade á que un quere pertencer"

Por ser un bo médico, pero sobre todo unha boa persoa, o Concello da Fonsagrada entregará o Butelo de Ouro 2020 a Gumersindo Rego, no contexto da cita gastronómica dedicada a este produto os vindeiros días 15 e 16 de febreiro. 

davComo recibiu a nova desta distinción? 
De todas as que recibín é a que máis estimo. É moi importante verse acollido e recoñecido na propia casa e na propia terra, pola comunidade á que un desexa pertencer. 

Terra á que volveu tras a súa xubilación... 
Si, teño unha casa en Oviedo, pero fixen un ‘caseto’ preto de onde nacín, e reparto o tempo entre un sitio e outro, pensando e escribindo. 

Din os veciños que é moi querido porque sempre os axudou como médico e como persoa cando precisaron de si. 
Se non o conseguín, intentar intenteino. Houbo moita xente que foi traballar ás minas de Asturias, e moitas veces alí non sabían onde acudir se tiñan algún problema. Sempre intentei asesoralos, e visitalos cando estaban no hospital. 

Como un neniño de Mazaeda chegou a ser xefe de Neumoloxía do Hospital Universitario Central de Asturias? 
Na aldea na que nacín traballábase moito, moito. A vida era dura. Pero tamén vías como baixaba o médico, cun bo coche, e curaba a xente. Eu quixen alcanzar iso. Gustábame ler e pensar. Meu pai era caseiro, non tiña nada, pero fun conseguindo bolsas de estudos, e avanzando pouco a pouco ata chegar onde puiden. Dicía un científico que a motivación da vida era fuxir da dor e buscar a satisfacción. Foi o que intentei facer, salvar esa distancia. 

Como se ve hoxe en día esa distancia? 
Estou satisfeito polo coñecemento acadado. Non fixen cartos, pero iso axúdame a vivir. 

Xa ten pensada algunha palabra para o discurso? 
Pois estas mesmas respostas poderían ser un bo punto de partida.

Gumersindo Rego: "É importante verse acollido na comunidade á que...
comentarios