Falece o condutor dun coche tras unha colisión cun camión en Baralla

O accidente produciuse pouco logo das 14.00 horas no quilómetro 476 da N-VI

O condutor dun turismo faleceu este luns nunha colisión cun camión na N-VI, á altura do municipio lucense de Baralla.

O sinistro rexistrouse pouco despois das 14.10 horas, no quilómetro 476, no lugar da Valiña, segundo confirmou a Garda Civil.