A Garda Civil de Pedrafita localiza a un peregrino que se desorientara

As condicións climáticas probablemente foron as causantes do problema
Quitaneves en Pedrafita. DEPUTACIÓN
photo_camera Quitaneves en Pedrafita. DEPUTACIÓN

Axentes do Garda Civil do posto de Pedrafita do Cebreiro localizaron este mediodía, cando faltaban uns minutos para as 13.00 horas, a un peregrino que desorientara no lugar de Cernadas, en Veiga de Valcárcel, aínda na provincia de León.

As condicións climáticas foron especialmente adversas durante a mañá deste venres nas inmediacións de Pedrafita do Cebreiro, como consecuencia da primeira nevada deste outono, ata o punto de que o colexio da localidade suspendeu as súas actividades lectivas.

Os gardas que atoparon ao peregrino axudárono a chegar a unha vivenda próxima do lugar no que se atopaba, para que puidese descansar e recuperarse.

Tras recuperarse do cansancio acumulado e do susto, puido continuar o seu camiño "sen novidade", segundo informaron fontes da Benemérita.

Dáse a circunstancia que é a segunda vez que se perde un peregrino no que vai de ano nesa mesma zona do Camiño Francés.

Comentarios