Gandeiros alertan dunha praga de ratas na montaña de Lugo

Unións Agrarias lanza un "berro desesperado" á Xunta para que actúe ante os danos en pastos e maquinaria
Imagen de archivo de una rata
photo_camera Imaxe de arquivo dunha rata

Unións Agrarias lanzou un "berro desesperado" á Xunta para que actúe ante os danos ocasionados en prados na montaña de Lugo por unha praga de ratas, que afecta a máis de 3.000 hectáreas en varios municipios. 

Este xoves, os responsables da oficina de Unións Agrarias en Sarria e Becerreá, Miguel Tomei e Iván Raposo, así como o responsable de Área Externa do sindicato agrario, Félix Porto, deron unha rolda de prensa en Sarria para denunciar estes danos "irreparables". 

Explican que esta é unha problemática que vén de hai anos, pero que se acrecentou nos últimos meses pola "acción incontrolable" das ratas. Unha cuestión que afecta principalmente á zona entre Triacastela e Pedrafita do Cebreiro, pero que se estendeu tamén a Folgoso do Courel e Samos. 

O sindicato púxose en marzo en contacto coa xefatura territorial en Lugo de Medio Ambiente, e aínda que se comprometeron a nova reunión para buscar solución "non houbo máis contactos". 

Os gandeiros advirten que explotacións de alta montaña que teñen dificultades para pasar o inverno poden verse abocadas a pechar se non se toman medidas

os gandeiros advirten que explotacións de alta montaña que teñen dificultades para pasar o inverno poden verse abocadas a pechar se non se toman medidas

Reclaman que se tomen medidas como poida ser un trampeo masivo. Con todo, UU AA sinala que "non é responsabilidade dunha consellería", senón tamén de Medio Rural e de todo o Goberno galego polos problemas sanitarios que poida haber.

DETERIORO DE MAQUINARIA. Así, se produce un "dobre custo" para as explotacións, dado que á perda de forraxes únese a deterioración de maquinaria polos túneles que se crean debaixo da terra, que deixan "impracticables" os terreos. 

Ante isto, os gandeiros advirten que explotacións de alta montaña que teñen dificultades para pasar o inverno poden verse abocadas a pechar se non se toman medidas, dado que os animais non teñen que comer. 

Comentarios