A Fonsagrada suspende as festas patronais e as feiras de gando previstas para setembro

Os mercados quincenais manteranse
Feira do gando de A Fonsagrada nunha pasada edición. ARQUIVO EP
photo_camera Feira do gando de A Fonsagrada nunha pasada edición. ARQUIVO EP

A actual situación sanitaria, marcada polos altos niveis de contaxio da Covid-19, obrigou ao Concello da Fonsagrada a suspender a feira de gando vacún e o concurso cabalar, mular e asnal, que se ían a celebrar na vila os días 5 e 8 de setembro, respectivamente. Así mesmo, a comisión organizadora das festas patronais, previstas para eses primeiros días de setembro, tamén decidiu a súa suspensión por mor da pandemia.

O alcalde fonsagradino, o socialista Carlos López López, fixo público onte un bando no que anunciaba a suspensión da feira e o concurso gandeiros que, tradicionalmente, levaban á localidade un elevado número de público.

O rexedor asegurou que esta decisión a adopta por "responsabilidade" e co obxectivo de reducir as probabilidades de contaxio na vila.

En canto aos mercados quincenais, o rexedor informou de que se seguirán celebrando, aínda que sen a presenza de postos de calzado e roupa.

Comentarios