A Fonsagrada reformará a alameda con 100.000 euros

A restauración das instalacións empezará o vindeiro martes
Pista de baloncesto actual, en la alameda. AEP
photo_camera Pista de baloncesto actual, na alameda. AEP

O Concello da Fonsagrada iniciará as obras para a reforma da alameda o vindeiro martes 21 de xullo cun orzamento total de 100.000 euros. O goberno local aprobou o convenio coa Deputación o pasado mes de febreiro, aínda que o plan atrasouse un mes a causa da Covid-19. "As obras ían comezar en xuño, pero tivemos que deixalas para xullo debido ao estado de alarma", di o alcalde da Fonsagrada, Carlos López.

Os veciños da comarca levan tempo solicitando esta reforma

O proxecto inclúe a renovación do parque infantil xa existente, a instalación dun parque biosaludable destinado para que os maiores poidan realizar exercicio e a reforma da pista de baloncesto, así como a creación doutra pista de fútbol 7 con céspede artificial. "Esta área levaba moito tempo sen renovarse. É unha boa opción para aproveitar os espazos verdes", afirma o socialista, que sostén que a iniciativa era unha vella demanda dos veciños da comarca.

Con estas obras, o Concello pretende promover o deporte ao aire libre para que os veciños poidan gozar das instalacións nas proximidades do Residencial Rois.

Comentarios