A Fonsagrada pecha o pavillón, campo de fútbol, a biblioteca e os parques polo covid

O alcalde transmite unha mensaxe de tranquilidade aos veciños, que están preocupados polos gromos

O alcalde da Fonsagrada, Carlos López, anunciou o peche do pavillón municipal, do campo de fútbol, a biblioteca, o museo e os parques ante o gromo de covid-19.  O rexedor o xustifica "porque nestes momentos ao estar o Concello en alerta laranxa" queren "evitar os contactos ou que estes se produzan o menos posible". 

Ademais, para "o servizo de asistencia na casa consistorial", os veciños terán que "facer solicitude de cita previa ou ben por teléfono" ou ben a través da páxina web. 

Carlos López constatou que a situación "a día de hoxe" é de alerta laranxa, con "entre 14 e 20" positivos acreditados por parte do Servizo Galego de Saúde. Así mesmo, o alcalde fonsagradino confesou que os veciños "están preocupados porque desde marzo en que empezou a pandemia até hai unha semana apenas se deron casos aquí". "Así de súpeto (chegan os gromos) e a xente está moi preocupada", advertiu. 

No entanto, apostou por "transmitir unha mensaxe de tranquilidade". "Tampouco temos a información oficial que quixésemos", lamentou. "Si sabemos que as autoridades sanitarias están a facer un traballo de rastrexo bastante exhaustivo tanto desde o centro médico como desde o Sergas", concluíu. 

Comentarios