A Fonsagrada outorga o Butelo de Ouro a Gumersindo Rego

A unanimidade do pleno recoñeceu a traxectoria profesional e vital deste neumólogo xubilado, gran valedor da súa terra natal
Gumersindo Rego. EP
photo_camera Gumersindo Rego. EP

O Concello A Fonsagrada concederá este ano o Butelo de Ouro a Gumersindo Rego, unha distinción que se enmarca na festa de exaltación gastronómica deste produto os próximos 15 e 16 de febreiro.

A decisión de facer entrega deste recoñecemento a este médico xubilado e escritor afeccionado foi tomada na correspondente comisión municipal e aprobada onte pola unanimidade do pleno municipal, que quixo recoñecer unha traxectoria profesional e vital na que sempre sobresaíu o seu amor pola Fonsagrada.

Gumersindo Rego foi xefe de Pneumoloxía do Hospital Universitario Central de Asturias durante a maior parte da súa carreira como médico, profesión que tamén exerceu en Santiago e Madrid. "Nunca deixou de axudar a un veciño, e esta axuda foi moi importante en momentos economicamente difíciles para o municipio", indicou o rexedor, Carlos López.

A pesar de vivir durante anos fose do concello, nunca perdeu o seu estreito vínculo coa Fonsagrada, onde agora goza da súa xubilación.

Gran defensor da súa terra, Gumersindo Rego escribiu hai ano e medio o libro La vida e y su sentido, abriendo caminos, que recolle gran parte da memoria da súa aldea, Mazaeda.

CAMIñO PRIMITIVO. A unanimidade do pleno tamén aprobou este martes a moción presentada polo BNG para instar o Concello de Lugo a "reflexionar" sobre o que considera unha promoción "localista" da súa localización na ruta xacobea.

Comentarios