A Fonsagrada exalta o butelo esta fin de semana na 23ª edición da súa feira

Un total de 63 expositores porán á venda uns 5.000 quilos de produtos cárnicos para reivindicar non só o rei da montaña senón a riqueza gastronómica da comarca
Pilar García Porto y Carlos López, este miércoles. EP
photo_camera Pilar García Porto e Carlos López, este mércores. EP

A Feira do Butelo da Fonsagrada cumpre 23 edicións este fin de semana para reivindicar un dos seus produtos estrela, o butelo, protagonista entre os 5.000 quilos de produtos cárnicos que se porán á venda. Un total de 63 postos ocuparán as rúas da vila fonsagradina para celebrar, non só o rei da montaña, senón tamén todos os produtos relacionados co porco, baixo o selo artesán da gastronomía da comarca.

Así o indicaron este mércores en rolda de prensa a deputada de turismo, Pilar García Porto, e o alcalde do municipio, Carlos López. Para Porto, os próximos 15 e 16 de febreiro celébrase na Fonsagrada unha "cita impresindible", que encaixa co modelo de dinamización turística promovida pola Deputación por ofrecer, non soamente un territorio, senón tamén unha experiencia que, ademais, "reforza as nosas raíces e a nosa cultura", indicou. Para apoiar a celebración desta cita, o organismo provincial achega un total de 6.000 euros.

POTENCIA GASTRONÓMICA. Pola súa banda, o rexedor fonsagradino fixo fincapé no importante que era esta cita para "dinamizar un rural abandonado pola administración, que sofre as consecuencias do despoboamento e da carencia de servizos", indicou.

Neste sentido, a Feira do Butelo é parte dunha estratexia que persegue atraer visitantes ao concello, para así tamén promocionar os seus produtos cárnicos dentro e fóra da Fonsagrada.

Ademais dos produtos gastronómicos, durante o sábado e o domingo haberá música tradicional e outros actos, como a entrega do Butelo de Ouro a Gumersindo Rego, médico e escritor da Fonsagrada.

O éxito desta cita, declarada como festa de interese turístico galego no ano 2018, reflíctese no letreiro de completo que colga dos establecementos hostaleiros da zona, segundo confirmou o rexedor fonsagradino.

Pola súa banda, a Xunta de Galicia lamentou non ser invitada o acto de presentación desta feira, á que di achegar 3.000 euros.

Elaboración tradicional 
O butelo máis típico na Fonsagrada é aquel que utiliza un estómago enteiro de porco por cada peza, anudado nos seus extremos. Tamén na súa versión máis tradicional, dentro do estómago haberá soamente costela e pel de porco. Aínda que hoxe en día é máis común nun tamaño menor, e con outras partes da matanza no seu interior, este embutido tradicional aínda se produce no municipio e poderá atoparse na feira. 

Outros atractivos 
O rexedor da Fonsagrada, Carlos López, animou os visitantes a aproveitar o bo tempo que se espera para o fin de semana para coñecer algúns dos lugares máis emblemáticos do municipio, como a fervenza máis alta de Galicia, A Seimeira de Vilagocende, ou as diferentes rutas de sendeirismo.

Comentarios