martes. 22.10.2019 |
El tiempo
martes. 22.10.2019
El tiempo

A Fonsagrada enxalza o legado do ferreiro Oliverio Álvarez e loa o seu oficio

O alcalde fonsagradino, entregándolle un detalle a Oliverio Álvarez. TANIS
O alcalde fonsagradino, entregándolle un detalle a Oliverio Álvarez. TANIS
Este veterano artesán estivo arroupado por veciños e colegas de gremio na homenaxe á súa traxectoria

O salón de actos dos Chaos quedou pequeno este sábado para acoller á xente que arroupou ao veterano ferreiro Oliverio Álvarez na homenaxe que lle renderon na Fonsagrada os seus compañeiros de gremio –para quen este octoxenario é un referente–, o Museo Etnográfico e o Concello. 

Un emocionado Álvarez viu como a súa homenaxe se converteu, á súa vez, nun recoñecemento a un oficio artesanal que, tal e como se recordou nas intervencións, foi clave no rural. 

Esta cerimonia tivo como banda sonora en vivo o son da trompa, un instrumento no que Oliverio Álvarez xogou un papel crave para a súa preservación, ao transmitir a ferreiros máis novos os segredos para a súa elaboración. Neste emotivo acto, que arrincou ás oito da tarde, o encargado de sacarlle son ao tamén chamado birimbao foi Daniel do Pando. 

Nos discursos, recordouse a traxectoria profesional e humana deste octoxenario, de quen se destacou non só a súa dedicación e bo facer, senón tamén o seu altruísmo ao ensinar o oficio. 

Ademais, enxalzouse o papel xogado polos ferreiros en anos difíciles. Un dos que resaltou esa contribución do gremio foi o alcalde fonsagradino, Carlos López, quen resaltou que estes artesáns "fixeron moito polo rural, sacando dá fame a moita xente ao amañarlles as ferramentas coas que se gañaban a vida". 

Oliverio Álvarez, quen estivo arroupado pola súa familia, e que, con modestia, dixo non ser merecedor desa homenaxe, recibiu distintos detalles dos organizadores como agradecemento a ese valioso legado. A xornada pechouse cunha cea no restaurante Cantábrico, cun centenar de comensais.

A Fonsagrada enxalza o legado do ferreiro Oliverio Álvarez e loa o...
Comentarios