Dous feridos nunha saída de vía na A-6 ao seu paso polas Nogais

A condutora do vehículo precisou ser excarcerada tras o accidente

Vehículo accidentado en As Nogais. EP
photo_camera Vehículo accidentado nas Nogais. EP

Dúas persoas resultaron feridas ás 15.20 deste martes tras unha saída de vía na A-6, sentido A Coruña, no termo municipal das Nogais.

O GES de Becerreá tivo que intervir para liberar á condutora, que se quedou atrapada no interior do vehículo.