Viernes. 16.11.2018 |
El tiempo
Viernes. 16.11.2018
El tiempo

Dous feridos nun accidente de tráfico na A-6 en Baralla

Por razones que se desconocen, el vehículo en el que viajaban se salió de la calzada a la altura del kilómetro 469, en dirección A Coruña

Un home e unha muller resultaron feridos, en principio de carácter leve, este luns pola tarde nun accidente na A-6 ao seu paso por Baralla. O turismo no que viaxaban saíuse da calzada por razóns que se descoñecen no punto quilométrico 469, cando circulaba en dirección A Coruña. 

O accidente sucedeu ao redor das catro e media da tarde deste luns e ao lugar acudiron os servizos de urxencias sanitarias do 061, os bombeiros de Sarria e o GES de Becerreá. Nun principio, pensábase que as dúas persoas necesitarían ser liberadas do interior do vehículo, pero finalmente puideron saír polo seu propio pé e os bombeiros non necesitaron intervir. 

Os afectados foron sometidos a probas para determinar o grao das súas lesións, aínda que en principio parecían non revestir gravidade.

Dous feridos nun accidente de tráfico na A-6 en Baralla