Ferido un septuaxenario na Fonsagrada nun novo accidente de tractor

O vehículo precipitouse por un terraplén en Monteseiro
El tractor accidentado en A Fonsagrada. EP
photo_camera O tractor accidentado na Fonsagrada. EP

Un septuaxenario resultou ferido na mañá deste mércores tras precipitarse por un terraplén co tractor que manexaba na Fonsagrada, na parroquia de Monteseiro. 

Atendendo á información facilitada polo 112, a central de urxencias recibiu unha chamada de alerta pouco antes das 11.30 horas e avisou de inmediato aos servizos sanitarios, que desprazaron unha ambulancia ao lugar. O home, de iniciais E.F.G. e 77 anos, foi trasladado ao Hospital Universitario Lucus Augusti

O 112 informou o sinistro á Garda Civil de Tráfico, Policía Local e Protección Civil. 

Hai apenas unha semana, outro home tivo que ser evacuado en ambulancia logo de recibir un golpe na cabeza ao caer desde o tractor que manexaba en Parga, en Guitiriz. Foi no último día dun mes no que só na provincia de Lugo faleceron dúas persoas en accidentes cun tractor: un home en Riotorto e unha muller en Palas de Rei.