Ferido un home en Baralla tras envorcar o tractor que manexaba

Presentaba lesións nunha perna e na cadeira
Generated by  IJG JPEG Library
Generated by  IJG JPEG Library
photo_camera Unha vista de Baralla. ARQUIVO

Un home resultou ferido este martes tras envorcar co seu tractor en Baralla, mentres traballaba nunha leira próxima ao cemiterio de San Vitorio.

Segundo informaron desde o 112, o propio ferido contactou co servizo de Urxencias sobre as 16,00 horas para pedir asistencia médica urxente, por mor dunha posible fractura de perna.

Así, informouse da situación ao 061, GES de Becerreá e a efectivos da Garda Civil.

O persoal sanitario atendeu á vítima, que non se atopaba atrapada, no punto para o seu posterior traslado ao centro hospitalario de referencia. En concreto, presentaba lesións nunha perna e na cadeira.

Comentarios