Ferida unha peregrina belga ao sufrir un accidente de moto na Fonsagrada

A muller foi trasladada ao Hula

Unha peregrina de orixe belga resultou este luns ferida ao caer coa súa motocicleta na Fonsagrada.

O suceso produciuse ao redor das 11.45 horas no lugar de Vilardongo, na parroquia do Padrón. Ao parecer, a muller de 54 anos de idade e iniciais P.J.D., atopábase facendo a ruta xacobea en motocicleta xunto a un grupo de amigos cando caeu do vehículo.

Ao decatarse do sucedido varios veciños da zona saíron a auxiliala, pero lles foi imposible comunicarse coa ferida porque non sabía falar español.

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia ( CIAE 112), mobilizou de inmediato a Protección Civil da Fonsagrada, a axentes do subsector de Tráfico de Lugo e unha ambulancia do 061. A peregrina foi trasladada ao hospital lucense Hula.