martes. 30.11.2021 |
El tiempo
martes. 30.11.2021
El tiempo

A Feira do Mel reunirá unha ducia de postos en Baleira este domingo

undefined
Feria do Mel da Montaña de 2019. ARQUIVO

Baleira celebrará este fin de semana a cuarta edición da Feira do Mel da Montaña, que reunirá o domingo unha ducia de expositores nunha carpa instalada na praza da localidade. O recinto feiral abrirase ás 10.00 da mañá e a visita das autoridades está prevista para as 13.00 horas.

O grupo Mamá cabra escenificará un espectáculo para o público familiar. Será ás 12.00 na casa da cultura.

O sábado pola tarde haberá unha charla técnica para apicultores sobre o tratamento de enfermidades das abellas de forma natural. A conferencia será impartida por Alberto Uría, promotor do ecomuseo de El País del Abeyeiro, de Negueira, a partir das 18.00 na casa da cultura. Uría tamén dará senllos talleres sobre cata de mel o domingo, dirixidos ao público da feira.

Fe Sixto, do ecomuseo do Valadouro, achegará este xoves aos alumnos do colexio os segredos da produción de mel.

A Feira do Mel reunirá unha ducia de postos en Baleira este domingo
comentarios