Extinguido un incendio nun establecemento de turismo rural de Becerreá

O Palacio de Cantiz atópase a unhas 17 quilómetros do centro urbano
Palacio de Cantiz. GOOGLE MAPS
photo_camera Palacio de Cantiz. GOOGLE MAPS

O Ges de Becerreá interveu a última hora da tarde deste luns na extinción dun incendio que afectou á chimena dun establecemento de turismo rural no lugar de Cantiz, a uns 17 quilómetros do centro urbano.

Un particular alertou ao 112 Galicia que  mobilizou á Garda Civil, GES de Becerreá e bombeiros de Sarria, aínda que estes últimos non chegaron a actuar. A rápida intervención dos servizos de urxencia evitou que o lume afectase o conxunto do inmoble, aínda que se viu afectada unha parte da cuberta

Afortunadamente non houbo que lamentar danos persoais. Palacio de Cantiz, como así de denomina o establecemento afectado, é unha construción do século XVI na que a actualidade se ofrece tanto servizo de aloxamento como de restauración.