Evacuado en helicóptero desde os Ancares tras ser mordido por unha serpe

O home atopábase facendo a ruta que une o Piornedo co Mustallar
Pallozas de Piornedo.AEP
photo_camera Pallozas de Piornedo.AEP

Os servizos de urxencias despregaron na tarde deste sábado un dispositivo de rescate para un home que sufriu unha mordedura de serpe cando realizaba unha ruta a pé polos Ancares, na provincia de Lugo. 

O home tivo que ser trasladado en helicóptero a un centro hospitalario, segundo informa o CIAE 112 Galicia, que recibiu o aviso ao redor das 18,00 horas deste sábado. 

O ferido realizaba a ruta que une o Piornedo e o Mustallar e, no momento da mordedura do réptil, atopábase nunha zona de difícil acceso, en punto de alta de montaña e lonxe de acceso directo por terra. 

Polo tanto, o 112 decidiu mobilizar o helicóptero con base en Ourense, que tomou terra nunha área próxima ao ferido e procedeu á súa evacuación a un centro hospitalario.

CAÍDA EN CASTRELO DE MIÑO

Doutra banda, tamén na tarde este sábado, un home resultou ferido ao sufrir unha caída desde unha altura de catro metros no concello ourensán de strong <>Castrelo de Miño.

Segundo informa o CIAE 112 Galicia, sucedeu ao fío das 18,30 horas na estrada de San Estevo. Ata alí desprazáronse, ademais de efectivos de Urxencias Sanitarias 061, membros do GES de Ribadavia, axentes da Garda Civil e voluntarios de Protección Civil.