Evacuado ao Hula tras sufrir unha caída de moto en pleno centro de Becerreá

O accidentado é un veciño de Cervantes, cuxa identidade responde as iniciais M.L.L. e ten 48 anos

Moto na que circulaba o ferido. EPUn veciño de Cervantes, cuxa identidade responde as iniciais M.L.L. e ten 48 anos, tivo que ser evacuado ao Hula lucense tras sufrir unha caída de moto en pleno centro urbano de Becerreá.

O contratempo rexistrouse uns minutos antes das sete da tarde na rúa Eulogio Rosón, cerca do campo da feira becerrego, cando o accidentado se golpeou contra a beirarrúa tras perder o control da moto que conducía, que acabou chocando cun valo.

A central galega de urxencias do 112 alertou a axentes de Tráfico, efectivos do GES de Becerreá e persoal de Urxencias Médicas, quen tras atender no lugar dos feitos a este cervantego —segundo fontes dese dispositivo, chegou a perder a consciencia—,  trasladárono ao Hula para realizarlle un exame máis exhaustivo das súas lesións.

Comentarios