Evacuado ao Hula un ciclista que chocou contra un turismo en Becerreá

O contratempo rexistrouse sobre as seis da tarde na N-6
Lugar en el que tuvo lugar el accidente. EP
photo_camera Lugar en el que tuvo lugar el accidente. EP

Un ciclista cuxa identidade responde as iniciais J.R.V.F., de 59 anos de idade e veciño da Coruña, tivo que ser evacuado este mércores ata o Hospital Universitario Lucus Augusti (Hula) tras chocar cun turismo na N-6, en pleno centro urbano de Becerreá.

O contratempo rexistrouse sobre as seis da tarde no punto quilométrico 459,6 do viario, coincidente na trama urbana coa rúa Carlos III, preto dun concesionario de vehículos.

Ao parecer, segundo indicaron desde o dispositivo mobilizado, bicicleta e coche circulaban no mesmo sentido e cando o turismo se dispuña a deixar esa vía e estaba a virar cara á esquerda, o ciclista chocou contra o vehículo.

A central galega de urxencias do 112 mobilizou ata a zona do accidente a efectivos do subsector de Tráfico da Garda Civil, integrantes do GES con sede en Becerreá e persoal de Urxencias Médicas, que se encargou de atender ao lesionado e trasladalo en ambulancia ao Hula.