Evacuado un ciclista en Piornedo por deshidratación

O home foi levado en furgoneta ao hotel Piornedo ao sufrir un golpe de calor. Unha vez alí, a encargada do aloxamento chamou ao 112 
Oficinas del 112. ARCHIVO
photo_camera Oficinas del 112. ARCHIVO

Un ciclista foi evacuado onte en helicóptero ao sentirse indisposto, por deshidratación, en Piornedo, no concello de Cervantes. Este home de mediana idade, que estaba a realizar unha ruta en bici, foi levado en furgoneta ao hotel Piornedo ao sufrir un golpe de calor. Unha vez alí, a encargada do aloxamento chamou ao 112 sobre as 14.20 horas. Foi trasladado a un centro hospitalario e ao peche desta edición atopábase estable.

Comentarios