O esqueleto achado en Baleira puido trasladarse desde un cemiterio

Os restos foron achados durante unha tarefa de roza na localidade
Una cruz de un cementerio. AEP
photo_camera Unha cruz dun cemiterio.AEP

O esqueleto achado o pasado luns nun vertedoiro de Baleira puido ser trasladado desde un cemiterio. Esta é a hipótese que baralla a investigación, ao comprobar que á beira dos restos óseos atopouse tamén unha cruz e outros elementos que poderían pertencer a un cadaleito.

O susto leváronllo varios operadores de Tragsa realizando tarefas de roza no lugar de Vilar de Pousada nunha operación de limpeza de antigos vertedoiros. Neste caso, o vertedoiro levaba máis de trinta anos sen utilizarse, como indicou Miguel Ángel Fernández, tenente de alcalde de Baleira. Os operarios atoparon unha caveira en primeiro lugar, e despois apareceron outros restos óseos vos.

Sen investigación concluída, a hipótese é que estes restos fosen trasladados a este lugar. "Esperemos que sexa iso e que se coñeza a súa procedencia, porque este non é lugar para ningún ser humano", engade.