miércoles. 25.05.2022 |
El tiempo
miércoles. 25.05.2022
El tiempo

Empresarios do Camiño Primitivo peregrinan con fins solidarios

PHOTO-2021-11-05-18-54-35
Recepción na Fonsagrada aos participantes na iniciativa. EP
Os participantes, que recollen donativos para Cáritas, chegaron este venres á Fonsagrada

Membros da Asociación de Empresarios do Camiño Primitivo e de Cáritas chegaron este venres ata A Fonsagrada, a través desa ruta xacobea, para pór en valor este itinerario histórico e recoller donativos para a poboación que máis o necesita.

Este grupo solidario, que partiu de Oviedo e se propón chegar a próxima semana a Santiago, foi recibido polo alcalde, Carlos López, e polo párroco, Miguel Ángel Álvarez, entre outros representantes locais, nun acto celebrado na casa consistorial.

O colectivo de empresarios, que conta con case un centenar de socios tanto de Asturias como de Galicia, entregará os fondos que reúna con esta iniciativa a delegacións de Cáritas das dúas comunidades. 

Empresarios do Camiño Primitivo peregrinan con fins solidarios
comentarios