Un empregado da residencia de Baralla dá positivo en Covid-19

Todas as probas de coronavirus realizadas nos últimas días a usuarios e persoal dos centros de Chantada e Monforte deron un resultado negativo

A residencia San Victorio de Baralla, de titularidade privada, tivo a súa primeiro caso positivo por coronavirus, ao contaxiarse un traballador do centro, xestionado pola fundación San Rosendo.

Outras residencias que teñen casos activos entre os seus empregados son as de Foz, con sete; Burela e a Vivenda Avime de Cospeito; e hai casos individuais en Castro de Rei, DomusVi Chantada, As Gándaras de Lugo, A Milagrosa e San Rafael de Mondoñedo, segundo os datos facilitados pola Consellería de Política Social.

Se o número de traballadores contaxiados é moi baixo na provincia de Lugo, o dos residentes mantense tamén moi por baixo das cifras rexistradas noutras provincias galegas.

Na residencia de  Foz hai cinco casos activos, tres na Betania de Viveiro, dúas en Castro de Rei, dous na Domus Vi de Monforte, onde se rexistro un alta, e no Miradoiro do Eo de Ribadeo.

En Monforte deran positivo cinco traballadores e dous internos do centro da terceira idade

CHANTADA E MONFORTE. Nas residencias de maiores que a empresa Domus VI ten abertas en Chantada e Monforte amenceron este xoves con moi boas noticias. Todas as probas de coronavirus realizadas nos últimas días a usuarios e persoal destes centros deron un resultado negativo

A noticia xerou unha gran tranquilidade entre usuarios e traballadores. En Chantada había unha alta preocupación debido ao positivo dunha médica e un usuario hai uns días. O persoal do centro solicitou por esa razón facer probas a un total de 285 persoas, entre traballadores e residentes. Non houbo ningún positivo.

Ademais, a facultativa foi dada de alta e xa se incorporou ao seu posto de traballo. O usuario afectado atópase en réxime de illamento, pero na última proba que se lle efectuou deu negativo. "A realización das probas era moi necesaria e permítenos traballar con outra seguridade", comunicou este xoves Diego Poyán, do comité de empresa da residencia de Chantada.

En Monforte deran positivo cinco traballadores e dous internos do centro da terceira idade. Os exames realizados recentemente descartaron a existencia de casos novos.

Comentarios