A Deputación inviste máis de 270.000 euros en mellorar un viario en A Fonsagrada

Os traballos consistiron na renovación de case dez quilómetros da estrada que une os núcleos de Carballido e Veiga de Logares

Darío Campos y Argelio Fernández supervisando las obras. EP
photo_camera Darío Campos e Argelio Fernández supervisando as obras. EP

As obras na LU-P-1909, estrada que une os núcleos fonsagradinos de Carballido e Veiga de Logares, están case finalizadas. A Deputación Provincial de Lugo investiu nesta actuación, que mellora case dez quilómetros de vía, un total de 270,000 euros.

O presidente do ente provincial, Darío Campos, supervisou o luns xunto ao vicepresidente e alcalde de A Fonsagrada, Argelio Fernández, os traballos de mellora da calzada. "Con esta actuación, nunha das estradas máis importantes da vila, buscamos mellorar o acceso a unha zona principalmente gandeira", explicou Campos. "Queremos ser unha Deputación próxima ás persoas e ao rural", afirmou, "e vertebrando e renovando as vías de comunicación axudamos a que isto sexa así".

Para a renovación da estrada, que conta con 9,2 quilómetros de percorrido, está a utilizarse aglomerado en quente para ofrecer unha mellor calidade no firme. Argelio Fernández aclarou que "ademais do firme, tamén estase mellorando a canalización da auga en distintos puntos do percorrido para unha maior conservación de cara ao futuro, xa que a drenaxe é imprescindible para que as vías poidan ter continuidade". "A LU-P-1909 pasa por distintos núcleos de poboación en zonas de montaña, e estas deben de dotarse de infraestruturas acordes ás súas necesidades", manifestou o vicepresidente da Deputación.

Ademais de comunicar Carballido e Veiga de Logares, a LU-P-1909 atravesa diversos núcleos de poboación fonsagradinos, talles como Graña, Llacín, Dradas, Louteiro e Llan. As obras de rehabilitación quedarán finalizadas a semana que vén. Estes traballos inclúen a mellora da capa de rodaxe do firme, a limpeza das cunetas e a mellora na canalización, así como o incremento da sinalización horizontal e vertical.

A Deputación de Lugo completa así unha serie de dúas actuacións en estradas de A Fonsagrada. Anteriormente tamén se acometeron obras de mellora na LU-P-1905 ao longo de case dous quilómetros. Este viario une Vilardíaz e Carballido pasando por Gromaz.

Comentarios