Diego As conclúe en Becerreá o seu segundo mural vinculado á Vía Künig

Na obra destaca a figura do monxe co mosteiro de Santa María de Penamaior ao fondo
El mural de Diego As en Becerreá. ABEL VÁZQUEZ
photo_camera El mural de Diego As en Becerreá. ABEL VÁZQUEZ

O artista Diego As acaba de concluír na Becerreá novo mural, o segundo xunto ao do Corgo, vinculado á Vía Künig.

Esta obra supón unha interpretación da viaxe que realizou o monxe alemán Hermann Künig no século XV e que foi a orixe do seu guía de peregrinación, unha alternativa para chegar a Santiago a través dunha variante que une o Camiño Francés, desde Pedrafita, co Primitivo, en Lugo. Na obra destaca a figura do monxe co mosteiro de Santa María de Penamaior ao fondo.

Comentarios