Detido un fonsagradino que urdió unha gran estafa inmobiliaria en Palma

Dedicábase a alugar como propios pisos cuxos propietarios morrera ou que estaban embargados polos bancos â??Xunto á súa muller e o seu fillo, tamén detidos, controlaba tres edificios e compraron varios inmobles na Fonsagrada

La banda controlaba los dos edificios que aparecen en primer plano y en el fondo. EP
photo_camera A banda controlaba os dous edificios que aparecen en primeiro plano e no fondo. EP

LUGO. Un fonsagradino, Manuel L.V., foi detido pola Policía Nacional en Palma de Mallorca como suposto cerebro dunha banda que se dedicaba a alugar a persoas con poucos recursos vivendas que se atopaban embargadas polos bancos ou cuxos propietarios reais faleceran. Na operación foron detidos tamén a súa muller e o seu fillo, ademais doutras catro persoas.

Segundo confirmaron a estas diario fontes policiais, Manuel L.V, de 65 anos, emigrou hai décadas ás Illas Baleares, onde casou cunha mallorquina. Con todo, vivían dacabalo entre a illa e A Fonsagrada, onde de feito ten a sede social a empresa que usaban como pantalla para a súa presunta estafa inmobiliaria. Parte dos beneficios obtidos, ademais, investíronos en inmobles desta localidade lucense, onde teñen polo menos catro casas e unha leira. No entanto, ao parecer todas as propiedades están a nome da muller e o fillo, xa que o pai figura como insolvente.

Tras ser postos a disposición xudicial, ordenouse o ingreso en prisión de Manuel L.V, mentres que o resto foron postos en liberdade con cargos. A Policía informou onte, nun comunicado recollido por Europa Press, que aos acusados impútanselles os delitos de estafa, fraudes procesuais, coaccións, desobediencia á Autoridade Xudicial, falsidades documentais e alzamento.

Segundo as investigacións da Policía, o xefe do grupo ideou a trama ao redor de tres edificios de apartamentos situados en Cala Major, cuxas comunidades de veciños presidira hai unha década. Precisamente, iso facilitoulle saber que algúns dos apartamentos estaban en situación de abandono, ben por pertencer a estranxeiros que adquiriron os apartamentos nos anos 80 como residencia vacacional e que xa faleceran sen que os seus herdeiros fixesen xestións desde os seus países de orixe ou ben por pertencer a entidades bancarias por razón de embargos.

Co fin de que os inquilinos cresen que el era o lexítimo propietario, o detido iniciou reformas en varios dos apartamentos, alugándoos posteriormente a persoas de escasos recursos desde o ano 2010. Deste xeito, apartamentos de menos de 25 metros cadrados pensados para curtas estancias convertíanse en residencias permanentes.

Os detidos montaran unha instalación eléctrica clandestina, instalando no soto dun dos edificios un cuarto de contadores ilegal, desde o que distribuían a electricidade aos apartamentos mediante cables que discorrían polos corredores e incluso o interior dalgúns pisos, podendo así cortala a vontade para presionar ás súas vítimas.

Vivían nun soto ilegal

A pesar de levar anos cobrando alugueres de xeito ilegal, a Manuel L.V. e a súa familia vivían en Palma sen ostentación. De feito, o xefe do clan familiar foi detido nun apartamentode apenas 25 metros cadrados situado no soto dun dos edificios que controlaba, que ademais ten orde municipal de derriba.

Comentarios