Cortada durante varias horas a estrada entre Navia e Becerreá por un desprendemento

O viario estivo pechado polo incidente, ocorrido no quilómetro 21, ata que se conseguiu reabrir un carril

Un desprendemento de pedras e terra, aparentemente provocado polas copiosas choivas dos últimos días, cortou a estrada autonómica que comunica os municipios de Navia de Suarna e Becerreá, segundo informou a Garda Civil.

O desprendemento produciuse á altura do quilómetro 21 da estrada LU-722, concretamente no termo municipal de Navia de Suarna, ao redor das sete da mañá.

Por mor dese desprendemento, a circulación quedou interrompida en ambos os sentidos da circulación durante unhas catro horas.

Ás 11:00 horas, o persoal de mantemento da Xunta de Galicia, que xa sinalizou o lugar, logrou abrir un dos dous carriis de circulación, o que permite o paso alterno de vehículos en ambos os sentidos.

Comentarios