Un condutor resulta ileso tras caer co seu vehículo ao río Navia

Un particular deu o aviso ao 112 ao ver un coche no río coas luces acesas

Vehículo en el río Navia. EP
photo_camera Vehículo no río Navia. EP

Un veciño de Navia de Suarna resultou aparentemente ileso tras sufrir un accidente na estrada que conecta a capitalidade municipal coa parroquia de Santa María de Rao. Ao parecer, o seu vehículo saíuse da vía e, tras dar varias voltas de campá, terminou sobre o río Navia. 

Un particular deu o aviso ao 112 pasadas as oito da tarde, ao ver sobre o río un coche coas luces acesas, aínda que esta persoa non era capaz de albiscar se dentro do coche había algún ocupante. 

Cando chegaron os servizos de urxencias, comprobaron que non había ninguén nin no coche nin nos arredores. Entón localizaron o domicilio do dono do vehículo, e ao chegar alí, o propietario atendeunos, recoñecendo que se precipitou polo desnivel. 

Ata o lugar desprazáronse os membros do GES de Becerreá, o 061 e a Garda Civil.