Martes. 20.11.2018 |
El tiempo
Martes. 20.11.2018
El tiempo

O concurso de tapas da Fonsagrada afronta o seu final con altas expectativas

As vendas disparáronse durante o festivo do mércores â?? Os clientes destacan o alto nivel desta edición

A sétima edición do concurso de tapas da Fonsagrada chega o sábado ao seu fin. Os hostaleiros fan un balance positivo a falta do empuxón da fin de semana e estiman que, en suma, venderán máis de mil tapas cada un.

TapasCase vinte establecementos participan nesta convocatoria do certame, unha cita xa asentada na localidade e á que acoden persoas do concello, dos arredores e incluso turistas e peregrinos, que este ano destacaron o alto nivel das diferentes propostas culinarias.

Os hostaleiros valoran o tirón de vendas que este concurso supón para os seus negocios. Aínda que algúns din que pola semana a asistencia non foi moi alta, "o certo é que a véspera do festivo houbo incluso máis persoas ca o ano pasado", opinan desde o Bar O Atallo. A mesma impresión teñen no Restaurante Cantábrico, onde tamén notaron bastante afluencia o día 25.

Os hostaleiros confían en que a Mostra Folclórica do sábado contribúa a aumentar a clientela dos locais participantes

Nalgúns dos negocios que interveñen no concurso xa se venderon máis de medio milleiro de tapas no que vai de semana. É por iso polo que esperan superar con fartura as mil tapas ao remate do certame. Teñen a esperanza, ademais, de que a Mostra Folclórica, que se celebra o sábado na vila, contribúa a levar máis xente aos bares.

OPCIÓNS. Cada local participante ofrece unha tapa exclusiva, que será valorada polos propios comensais.

A proposta do Bar Lúa, por exemplo, é unha tapa de costela de porco, acompañada dunha brocheta de pataca frita, pemento e salsa. No caso do Restaurante Cantábrico, ofrecen pastel de cabracho con pan de sésamo, navalla á prancha e ensalada de mexillóns en escabeche. Pola súa banda, quen vaian ao bar O Bodegón poderán degustar unha tapa de solomillo con pataca fritida sen pelar, tomate e unha salsa acompañante. Outra alternativa máis exótica é a suxerida polo Mesón Catro Ventos, que utiliza un pan xaponés na súa elaboración: pan bao recheo de tenreira vienesa e unha salsa oriental con soia e cítricos. A sobremesa ofréceo o bar O Atallo cunha composición de dúas tortas.

O concurso de tapas da Fonsagrada afronta o seu final con altas...
Comentarios