viernes. 17.09.2021 |
El tiempo
viernes. 17.09.2021
El tiempo

O Concello das Nogais promove varias actuacións por valor de 540.000 euros

undefined
Jesús Núñez. AEP
As obras van encamiñadas á mellora de calzadas e a cambios na iluminación

O goberno local das Nogais está a realizar diferentes obras nas infraestruturas do municipio, en concreto en varias calzadas, algúns accesos e na rede de iluminación, cun orzamento total de 540.000 euros e con apoio doutras administracións. O alcalde, Jesús Núñez, declara que "estamos traballando en varias frontes á vez para mellorar o noso concello".

A vía local que conecta con Triacastela está sendo arranxada e pavimentada con aglomerado en quente, para o que se destinarán 120.000 euros. O acceso a Ferreiras tamén se está ampliando, para o que se conta con 30.000.

Pola súa banda, as dúas fases para a nova iluminación custarán un total de 300.000 euros, pois estase a substituír na súa totalidade por unha nova instalación de luces led. Finalmente, os últimos remates no camiño de peregrinación recibirán 40.000 euros, mentres que haberá 50.000 para outras actuacións viarias.

As melloras coinciden coa posta en marcha das brigadas contra incendios

Toda estas melloras coincidirán coa posta en marcha, este próximo luns, das brigadas contra incendios, un dispositivo que Jesús Núñez espera "que non faga falla usar". No ano 2017, unha serie de incendios afectaron a varios alpendres, o que causou unha grande intranquilidade nos veciños.

DONCOS. Estes días, varios veciños denunciaron deficiencias no núcleo de Doncos e o alcalde quixo aproveitar para responderlles. Unha das queixas era polo mal estado do parque infantil, pero Núñez quixo recalcar "que non é responsabilidade do Concello, senón que se trata dunha propiedade privada". Da mesma maneira, outro das polémicas foi unha das beirarrúas que se atopa "inacabada", pero segundo o rexedor isto é algo que se acordou no seu momento para que puidera pasar o gando.

A última das peticións veciñais facía referencia á fonte, que presentaba suciedade. O alcalde das Nogais recalca que "a fonte xa se limpou dúas veces este ano e, de cara ao 25 de xullo, procederemos a limpala unha vez máis xa que o Santiago é unha data sinalada", indicou.

O Concello das Nogais promove varias actuacións por valor de...
comentarios