Sábado. 17.11.2018 |
El tiempo
Sábado. 17.11.2018
El tiempo

O Concello de Baralla mellorará o núcleo urbano e Gundián con 175.000 euros

Manuel González Capón. J. VÁZQUEZ
Manuel González Capón. J. VÁZQUEZ

Está previsto que os traballos de reparación empecen a principios de setembro

O Concello de Baralla aprobou na súa última comisión de goberno a adxudicación de dúas obras, que suporán un desembolso de 175.000 euros e iniciaranse despois do verán.

Unha das obras consistirá na rehabilitación de parte do viario municipal do núcleo urbano barallés. A esta actuación destinaranse 82.000 euros procedentes das arcas municipais. Doutra banda, acometeranse arranxos en Gundián, cun custo aproximado de 93.000 euros.

O comezo destes traballos de reparación está previsto para principios de setembro, segundo confirmou o rexedor local, o popular Manuel González Capón.

Así mesmo, tamén se autorizou a adxudicación dunha terceira obra. Neste caso trátase dunha mellora do acceso á parroquia de Berselos, cuxo custo de 64.000 euros asumirá a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural.

Ademais, González Capón anunciou a aprobación doutros tres proxectos de obra que levarán a cabo grazas aos fondos do plan único da Deputación. Estas actuacións executaranse no lugar de Traspena (situado na parroquia de Covas), en Costantín e en Ferreiros.

O Concello de Baralla mellorará o núcleo urbano e Gundián con...
Comentarios