A CIG presenta denuncia pola morte dun veterinario nas Nogais

Este veciño de Lugo e empregado da empresa Tragsatec faleceu o pasado 28 de maio tras ser golpeado por unha vaca
La casa de As Nogais donde se produjo el suceso. PEPE TEJERO
photo_camera Vacas galegas pastando. IRIS Álvarez

A CIG presentou denuncia ante Inspección de Traballo pola a morte dun veterinario nas Nogais pasado 28 de maio ao ser golpeado por unha vaca. 

O sindicato busca que a autoridade laboral poida "esclarecer" este accidente laboral e comprobe "as deficiencias no referente a materia de seguridade e saúde laboral coas que o persoal de saneamento gandeiro traballa", á vez que pide "depurar as responsabilidades correspondentes". 

Neste sentido, considera que "existen responsabilidades" da Xunta e a empresa Tragsatec neste accidente laboral. Censura que nun servizo e unha empresa públicos están "a priorizarse criterios de rendibilidade económica fronte ao criterio de seguridade do persoal veterinario que realiza as funcións". 

Sinala a importancia de que este traballo se desenvolva en parellas e coas medidas de protección adecuadas. "A perda deste compañeiro ten que servir para que prodúzase un cambio substancial nas condicións de traballo do persoal veterinario que realiza as campañas do saneamento gandeiro", reflexiona. 

Ante esta situación, o sindicato comezará mobilizacións para esixir melloras de seguridade. O 25 de xuño fará unha concentración diante da sede da empresa Tragsatec de Lugo, mentres o 2 de xullo manifestarase ante o edificio da Xunta. 

Comentarios