Cen anos na mellor compañía

A fonsagradina Carmen Rodríguez celebra un século de vida xunto aos seus fillos e netos, fundadores de Casa Castelao
Carmen Rodríguez López, acompañada por su familia. EP
photo_camera Carmen Rodríguez López, acompañada pola súa familia. EP

Cen anos dan para moito. No caso da fonsagradina Carmen Rodríguez López, que os cumpre este venres, deron para ver, por exemplo, como un fillo se convertía en presidente de FilmaxXullo Fernández— ou como a empresa familiar, Casa Castelao, crecía ata sumar a día de hoxe 34 traballadores na Fonsagrada.

Carmen Rodríguez naceu un 4 de outubro de 1919 na Casa do Zarelo, no lugar de Paradanova. Como tantas outras mulleres, non casou ata o final da Guerra Civil, no ano 1945. O seu marido, que xa faleceu hai anos, era de Cereixido, e foi alí onde viviu toda a súa vida, e aínda vive.

Os veciños recórdana polo ben que se lle daba preparar a matanza. De feito, non soamente facía a da súa casa, senón que sempre botaba unha man nas casas veciñas.

"Este recordo dela foi o que motivou aos seus fillos a fundar Casa Castelao", di agora o seu neto e director da empresa, Rubén Fernández. Se nun primeiro momento foi ela a que deu forma aos embutidos artesanais coas súas receitas, agora é a firma a que leva a súa imaxe nunha das liñas de negocio.

Algunhas veciñas tamén se acordan dos seus bos dotes como comadrona. Outras aínda terán en casa pezas de roupa confeccionadas por ela. Sen dúbida, todo o seu pobo estará de acordo en cualificala como unha muller tenaz, hospitalaria e incansable.

Quen sabe, talvez é ese o segredo para chegar aos cen anos. ¿Ou o será a compañía? Oito fillos, 15 netos e sete bisnetos sácanlle a morriña a calquera domingo. Todos eles renderanlle un homenaxe o próximo día 12 de outubro.

Alí soprarán as velas cunha muller que, aínda que non lle gusta madrugar, segue tendo moita enerxía e un sorriso entrañable.

Comentarios