Á venda un castelo en Cervantes por 225.000 euros

O inmoble, situado na parroquia de Quindous, está catalogado como ben de interese cultural

Castillo de Quindous, en Cervantes. TVG
photo_camera Castelo de Quindous, en Cervantes. TVG

O castelo de Quindous, en Cervantes, está á venda. Os propietarios piden 225.000 euros polo inmoble, que data do século XIV e foi refuxio da orde dos templarios.

A construción, que leva máis de 40 anos deshabitada, está catalogada como ben de interese cultural desde 1949. Os donos aseguran que o venden para evitar que se deteriore e chaman a convertelo nun hotel de luxo para que recuperar o seu valor, segundo informa a TVG.

A pesar da antigüidade do inmoble, atópase en bo estado grazas ás reformas acometidas nos últimos anos no tellado. Os seus grosos muros e as dúas grandes torres son o principal atractivo deste castelo.

Comentarios