Cancelada a II Feira en Defensa do Gandeiro de Montaña

O evento, que se ía celebrar en Cervantes, estaba programado para o próximo 16 de maio
índice
photo_camera Cartel da feira que informa da cancelación. EP

A organización da II Feira en Defensa do Gandeiro de Montaña, que estaba programada para celebrarse en Cervantes o 16 de maio acordou a súa cancelación, debido á crise sanitaria provocada pola expansión do coronavirus.

A decisión supuxo un forte pau para os organizadores que, con esta iniciativa, pretendían consolidar no calendario unha mostra que puxese en valor a actividade agrogandeira nesta comarca lucense.

No entanto, confían en que unha vez superada esta batalla sanitaria poidan retomar esta celebración, para a que xa tiñan programadas un bo número de actividades paralelas.

Os organizadores manteñen, con todo, o sorteo do coche que tiñan previsto para o mesmo día da feira. A persoa agraciada será aquela que posúa a rifa coas cinco cifras que coincidan co primeiro premio do sorteo da Lotería Nacional do 16 de maio. O gañador terá un prazo de tres meses para comunicalo á organización, a través do número de teléfono de contacto que aparece na rifa.

Comentarios