Un camioneiro, ferido ao irse da vía polo xeo en Baleira cando esparcía sal

O vehículo non chegou a envorcar e foi freado pola vexetación, o que evitou que o accidente fose máis grave

Camión accidentado. EP
photo_camera Camión accidentado. EP

Un camioneiro resultou ferido este venres ao sufrir unha saída de vía por culpa do xeo en Baleira. A pesar da aparatosidade do contratempo, no que o vehículo pesado acabou deslizándose uns 15 metros por un terraplén, o chofer resultou ferido leve.

O lesionado, de iniciais J.A.F.R., de 49 anos e veciño de Castro de Rei, estaba esparciendo sal cun dos camións da firma adxudicataria da conservación da rede viaria da Deputación na zona. Ao parecer, uns minutos antes das dúas da tarde perdeu o control do seu vehículo nun tramo da estrada de Fonteo a Lastra e caeu por un terraplén. Nese traxecto sen control, o camión non chegou a envorcar e foi freado pola vexetación, o que evitou que o accidente fose máis grave. O 112 avisou a Tráfico e a persoal do 061, que trasladou ao ferido ao Hula.
 

Comentarios