Un camión perde o seu remolque no túnel de Pedrafita da A-6

Un dos carrís de circulación da Autovía do Noroeste (A-6) no túnel de Pedrafita do Cebreiro en sentido A Coruña cortouse na mañá deste martes durante cinco horas debido a que un camión, en plena marcha, perdeu o remolque do que tiraba a cabeza tractora, como consecuencia dunha avaría.

O accidente produciuse pasadas as once da mañá, á altura do quilómetro 431, no túnel de Pedrafita do Cebreiro, cando o camión circulaba en sentido A Coruña. A pesar do aparatoso que foi o sinistro, non houbo danos persoais, porque nese momento ningún outro vehículo circulaba por detrás do camión, segundo explicaron fontes do subsector de Tráfico da Garda Civil.

Pechouse o carril dereito da autovía e o lugar no que quedou tirado o remolque debidamente sinalizado por parte da Garda Civil. Volveu abrirse ás cinco da tarde-