Un camión perde a súa carga tras sufrir un incendio á altura de Baralla

O vehículo circulaba pola A-6 en sentido Madrid ► O condutor resultou ileso

O 112 Galicia tivo coñecemento durante a madrugada deste mércores dun camión no que ardeu a súa carga cando circulaba pola A-6 en sentido Madrid. 

Sucedeu ás 4.30 horas en Sobrado do Picato, en Baralla, e o condutor resultou ileso. A carga do vehículo, fundamentalmente alimentación, resultou calcinada por razóns que aínda se descoñecen, segundo precisou o 112. 

Do incendio púidose salvar a cabina do camión posto que o condutor tivo tempo para separar a cabeza do remolque.