Jueves. 20.09.2018 |
El tiempo
Jueves. 20.09.2018
El tiempo

O cambio de nome dunha rúa enfronta ao PSOE e ao goberno local de Baralla

Manuel Jesús González. EP
Manuel Jesús González. EP

A Rúa do Toxal pasará a ser Darío Casal, o que os socialistas consideran inxustificado

A decisión de cambiar a denominación da Rúa do Toxal de Baralla pola de Darío Casal suscitou polémica entre o PP e o grupo socialista municipal. A medida, aprobada no pleno ordinario do venres, contou coa abstención do BNG.

O portavoz dos socialistas de Baralla, Jaime González, declarou que a iniciativa era "algo que non achega nada ao pobo". "O cambio de nome non está xustificado en ningún caso, xa que esta persoa non realizou ningunha achega nin económica nin cultural á vila", explicou González.

Pola súa banda, o alcalde barallés, Manuel Jesús González Capón, non lle deu demasiada importancia á medida. "Trátase dun simple cambio de denominación", afirmou o rexedor, para quen non tiña "moito sentido" a reclamación socialista.

O grupo nacionalista de Baralla decidiu absterse ante a proposta por considerar necesarios "certos criterios previos á hora de cambiar o rueiro da vila", segundo aclarou o portavoz do BNG, Xosé Manuel Becerra. "É necesario crear unha comisión que valore previamente se estas actuacións están xustificadas ou non", comentou Becerra.

OUTRAS DECISIÓNS. A sesión de pleno ordinario do venres deixou aprobadas outra serie de medidas, como a modificación de varios créditos do orzamento municipal ou o nomeamento dun novo xuíz de paz.

Tamén se acordaron unha serie de actuacións para combater a praga da avespa velutina, a proposta do BNG. Outra das proposicións do grupo nacionalista era a de retomar a Festa da Troita, pero esta non saíu adiante.

Doutra banda, o PSOE presentou unha moción para que se restablecesen e mellorasen os servizos de transporte público. Esta foi aprobada por unanimidade polos demais grupos. Con todo, a petición socialista de mellorar as instalacións das pistas de baloncesto e tenis da localidade non contou co visto e prace do goberno local.

O cambio de nome dunha rúa enfronta ao PSOE e ao goberno local de...
Comentarios